Eventos

Microcredencial Universitaria_DEREITOS LABORAIS E SAÚDE: Cara a un benestar 360º

Santiago de Compostela

Imaxe

A USC organiza este título universitario oficial que conta con acreditación na Unión Europea a través de Europass. 

En particular, o que se ofrece é unha formación especializada sobre os dereitos das persoas traballadoras, con especial atención ás novidades lexislativas e a súa relación coa saúde laboral. Será impartida por profesionais de recoñecido prestixio e terá un enfoque teórico-práctico. 

Título: Microcredencial Universitaria en Dereitos Laborais e Saúde: Cara a un Benestar 360° 

  • Duración: 30 horas (3 ECTS)
  • Datas
    • Duración: 16/04/2026 - 28/05/2026
    • Preinscrición: 01/12/2025 - 30/01/2026
    • Matrícula: 01/02/2026 - 15/03/2026
  • Horario: xoves, de 16.00 a 20.00 h 
  • Prezo de matrícula: 73,23 € 
  • Matrícula gratuíta para persoas desempregadas; persoas membros dunha familia numerosa; persoas con discapacidade; vítimas de terrorismo de violencia de xénero ou sexual; persoas beneficiarias do IMV ou equivalente (RISGA); persoas refuxiadas; e persoas con rendas baixas.
  •  Requisitos de acceso: non se require titulación previa, só estar comprendido entre os 25 a 64 anos. 

Documentación