Campañas

Planificación dos traballos de aproveitamento forestal. Zonas perigosas

Portada_documento_aproveitamento forestal

Motivación

O ISSGA ven marcando o sector primario, en particular a actividade forestal, como un sector de actuación prioritaria e preferente pola súa importancia económica e no tecido empresarial galego, tanto no eido do estudo e investigación de accidentes, no asesoramento técnico a empresas, na promoción da prevención de riscos laborais, na elaboración de documentación técnica así como da realización de diversas actividades formativas e informativas no sector.

Unha peza clave nesta actividade é a realización dos traballos de aproveitamento forestal, o que fai necesario fomentar a concienciación no sector sobre a perigosidade das tarefas asociadas a estes postos de traballo facendo un esforzo por chegar a todo o persoal traballador.

Obxectivo

O eixo principal desta iniciativa ponse na identificación de zonas perigosas á hora de planificar os traballos de aproveitamento forestal.

É fundamental a formación e información do persoal traballador sobre os riscos máis habituais asociados a estas actividades e establecendo as medidas de protección e prevención asociadas á súa execución.

Destinatarios

Este campaña vai dirixida tanto ás empresas como ao persoal traballador do sector forestal contando coa participación activa dos servizos de prevención propios, mancomunados e alleos nesta loita contra a sinistralidade laboral.

Para a súa difusión contactarase cos servizos de prevención así como coas organizacións que forman parte do grupo de traballo técnico do sector forestal do Issga e coas entidades representativas do sector para que llos fagan chegar ao empresariado e persoas traballadoras.

Documento técnico

Trátase dun documento moi gráfico e nun formato visual no que se recollen recomendacións á hora de recoñecer as zonas perigosas nas principais tarefas de aproveitamento forestal:

  • Corta polo pé manual de árbores

  • Corta polo pé mecanizado de árbores (procesadora_taladora)

  • Derramado_tronzado (con procesadora)

  • Saca de madeira

  • Carga de madeira sobre plataforma

  • Derramado_tronzado_empilado

  • Situacións especiais

    • Predios pequenos ou de configuración especial

    • Operacións nas que se require o uso de cabrestante instalado nas máquinas

É fundamental situarse fóra das zonas de perigo e asegurarse que non haxa persoas nas zonas perigosas xeradas por estes traballos así como respectar as recomendacións de seguridade recollidas nos manuais de instrución dos equipos de traballo e atender ao recollido na avaliación de riscos.

Cómpre tamén lembrar a importancia de planificar, coordinarse e seguir un procedemento de traballo axeitado.

Soportes

Os soportes dispoñibles son tanto en formato dixital como físico e están dispoñibles en galego e castelán.

O número de exemplares dispoñibles para a súa difusión é de de 3.000 en galego e 500 en castelán.