O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou no seu centro provincial de Pontevedra, situado en Rande (Redondela), unha xornada técnica sobre os cambios e novidades no campo de aplicación da Directiva de Máquinas 2006/42/CE (revisión da Directiva 98/37/CE) e a súa transposición ao dereito nacional polo Real Decreto 1644/2008, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:
- D. Antonio Espejo Gordo, xerente de asistencia técnica de prevención de riscos laborais de ATISAE.
- Dª Manuela Méndez Fernández, técnica da sociedade de prevención de FREMAP.