A necesidade de despregar actuacións de comunicación, sensibilización e abordaxe dos riscos laborais derivados da exposición a nanomateriais é recoñecida e demandada tanto polas administracións públicas como por outros actores implicados en materia de PRL.
A través deste tríptico queremos dar visibilidade ao portal temático deseñado polo Issga co obxectivo de transferir coñecemento científico-técnico contrastado sobre os riscos derivados da exposición e sobre como abordar a PRL no traballo con nanomateriais.