Biblioteca

Chaves para exercer un bo liderado en PRL nas pequenas empresas e para o colectivo autónomo

O liderado vai ser o eixe sobre o que se vertebre calquera organización que queira progresar, xa que é a ligazón entre as persoas que a compoñen e a misión/visión da propia organización.

A persoa que lidera debe ter claro cara onde se dirixe a organización e debe ser quen de transmitírllelo aos ademais axudándolles a lograr os obxectivos, tanto de equipo como individuais, para que todos e todas poidan avanzar.  Pódese dicir que unha organización medra cando as persoas que a compoñen tamén o fan.

É por isto polo que o liderado se converte nunha competencia clave nas persoas que dirixen a empresa, xa que son as encargadas de levar a cabo os procesos de cambio dentro das organizacións, e o cambio que queremos promover dentro das organizacións é un cambio cultural que se dirixe a un modelo de traballo máis saudable, no que se entenda a prevención de riscos laborais como un dos piares fundamentais para ter unha empresa sostible e consciente de que só a saúde, a boa saúde da xente, pode contribuír a seguir traballando en que a empresa sexa sustentable.

Portada guía liderado