Observatorio

Sinistralidade laboral_Accidentes de tráfico_Galicia_2018-2024

Os accidentes de tráfico teñen un peso importante na estatística de sinistralidade laboral.

Os accidentes laborais de tráfico non se contabilizan de forma específica nos datos periódicos sobre sinistralidade. Estes accidentes non son unicamente os sufridos por profesionais cuxa xornada laboral transcorre na súa maior parte na estrada (transportistas, comerciais, condutores de autobuses, taxis, ambulancias, etc.) senón tamén daqueles que acontecen no traxecto normal entre o domicilio e o local de traballo (e viceversa) que se denominan accidentes in itinere, nos que estivese implicado un medio de transporte.

Partindo da importancia tanto numérica como pola gravidade das lesións que se producen nos accidentes de tráfico, é necesario manter a liña de estudo aberta dende o observatorio sobre estes accidentes no ámbito laboral para encontrar as medidas máis eficaces para diminuílos.

Fontes de información

Esta publicación elaborouse coa información obtida dos partes de accidentes de traballo notificadas á autoridade laboral galega mediante os sistemas Delt@ (Declaración electrónica de traballadores accidentados) do persoal traballador afiliado á Seguridade Social que teña cubertas as ditas continxencias.

Accidentes de traballo

Na Orde TAS/2926/2002, do 19 de novembro, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, establécese que a comunicación de partes de accidentes de traballo debe realizarse por medios electrónicos a través dunha aplicación informática denominada Delt@.


Os accidentes de traballo poden, ou non, producir a baixa laboral do persoal traballador. Estes accidentes poden ocorrer durante a xornada de traballo (no propio centro, noutro centro ou en desprazamentos), ou ben, ao ir ou volver do traballo, denominándose nestes casos accidentes in itinere.

Neste documento realízase a elaboración estatística sobre os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, e codificados coma "accidente de tráfico”, entre os anos 2018 e 2024.

A explotación realízase sobre os accidentes clasificados como "accidente de tráfico”, e segundo algunhas das variables incorporadas no parte de accidente de traballo: sectores de actividade, sexo, idade, antigüidade no posto de traballo, provincia, día da semana, hora, etc. Con todo o anterior, faise unha caracterización atendendo aos múltiples aspectos do accidente laboral. 

Imaxe portada  Sinistralidade laboral_Accidentes de tráfico_Galicia_2018-2024