Observatorio

Sinistralidade laboral dos condutores profesionais_Galicia_2014 -2018

Entre as actividades para realizar no ano 2021 polo Observatorio galego de condicións de traballo (OGCT) que se enumeran no Plan de actividades do Issga para ese ano, están no eixo 2 (Observatorio) do devandito plan as correspondentes ao epígrafe 3 das 5 do eixe.

Devandito epígrafe corresponde ao: Análise, tratamento estatístico e elaboración de estudos sobre os accidentes de traballo, no cal no seu punto G indícase: Dar continuidade ao estudo do período 2012-2016 sobre a análise de AT no colectivo de condutores profesionais.

Ese estudo correspondente aos anos 2012-2016 tiña por nome: Sinistralidade dos condutores profesionais anos 2012-2016 e esta dispoñible para a súa descarga na sección de estudos do Observatorio.

Para dar cumprimento ao anterior realizouse este estudo: Sinistralidade dos condutores profesionais 2014-2018, onde se continúa a análise dos datos, avanzando no tempo e as conclusións refírense non só aos datos dos anos en cuestión senón á variacións dos valores medios do estudo anterior.

Para a realización deste estudo, pártese da información contida nos partes de accidente de traballo (PAT), declarados no sistema Delt@ escolléndose o mesmo subconxunto de variables do estudo anterior para dar continuidade ao mesmo e servir para os mesmos obxectivos de caracterizar a sinistralidade dos traballadores do transporte e dar orientación á vista dos datos para as accións de mellora da mesma.

Hai que lembrar que para coñecer as causas non basta coa información que se recolle nos partes de accidente, senón que é necesaria a investigación dos mesmos por un técnico de prevención para que se apliquen as medidas correctoras a cada caso particular.