Estudo dos accidentes laborais non traumáticos

A definición de accidente de traballo establécese no texto refundido da Lei Xeral de Seguridade Social, como "toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión do traballo que execute por conta allea". Esta norma amplía o concepto coa presunción, salvo proba en contrario, de que todas as lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar do traballo, son  constitutivas de accidente de traballo.

Considéranse accidentes non traumáticos, aqueles acontecidos sen axente físico externo que cause lesións ao traballador. Son os infartos, derramos e outros accidentes que aínda que non teñen un mecanismo externo de produción, poden estar ligados ás condicións de traballo e, en todo caso, teñen a cualificación de accidentes de traballo ao producirse durante o desempeño deste. Estes accidentes aparecen tipificados nos partes de accidente comunicados, a través do sistema Delt@ (Declaración electrónica de traballadores accidentados), na variable forma de contacto, codificados co número 90. Se ben estes accidentes son poucos en relación co total, son unha parte importante dos accidentes mortais. Como exemplo, no ano 2012 dos 45 accidentes mortais en xornada de traballo, contabilizados por data de validación nese ano, 12 corresponden a accidentes non-traumáticos o que supón o 26,67%, sendo a forma máis frecuente de produción de accidentes mortais.

Estudo dos accidentes laborais non traumáticos