Estudo da evolución da sinistralidade laboral_Galicia_2017-2021
O presente traballo: “Estudo da evolución da sinistralidade laboral en Galicia, anos 2017-2021” exponse como a continuación do anterior: “Estudo da evolución da sinistralidade laboral en Galicia, anos 2004-2013” da OGCT 6 do Plan de Actividades 2014 do Issga. A diferenza do anterior, o estudo anterior é de menor amplitude utilizando un menor número de variables na análise dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais declaradas en Galicia, axustándose moito máis á información utilizada para a elaboración da Estratexia Galega de SST que o estudo dos anos 2004-2013.
Ademais dos datos de accidente de traballo e enfermidades profesionais en Galicia utilízanse datos dos traballadores cotizantes das continxencias profesionais, sendo todos eles parte da información obtida para a elaboración dos Anuarios de Sinistralidade do Issga dos anos 2017 ao 2021.
