Novas

Martes, Marzo 25, 2025

A Xunta ve fundamental a comunicación para impulsar a prevención de riscos laborais e a saúde no traballo

Imaxe reunión

Culleredo (A Coruña), 25 de marzo de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura do taller de prevención Comunicación efectiva como ferramenta de mellora en prevención, organizado pola Ibermutua Gallega. Alí puxo en valor a importancia da comunicación para impulsar unha prevención de riscos laborais efectiva.

Esta iniciativa concorda cos obxectivos establecidos na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, así como no propio plan anual de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia -Issga- para 2025. Así, un dos obxectivos da estratexia é contribuír a mellorar a calidade das actuacións preventivas para reducir as enfermidades profesionais e outras enfermidades laborais, impulsando a investigación e colaboración a nivel nacional para a implantación de procedementos comúns e harmonización de datos que permitan un mellor coñecemento para a saúde e deste xeito unha abordaxe preventiva máis eficaz.