Novas

Mércores, Febreiro 28, 2024

Xubilación do noso compañeiro José Luis González-Vara

Imaxe xubilación_Vara-Pin

Lugo, 28 de febreiro de 2024. Hoxe tivo lugar a despedida por xubilación do técnico de seguridade e saúde laboral do Centro ISSGA_Lugo, José Luis González-Vara Pin, despois dunha longa e extraordinaria traxectoria no instituto e na que estivo acompañado por moitas das persoas que compartiron a súa traxectoria profesional, ben do ISSGA, da Inspección de Traballo e Seguridade Social así como doutras unidades e organismos.

Dende o ISSGA agradecémoslle dun xeito especial a súa dedicación durante estes anos e desexámoslle que desfrute desta nova etapa.