Xoves, Maio 08, 2025
Xornadas sobre a tramitación de enfermidades profesionais
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2025
A Xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, Nieves Lorenzo Espeso, participa hoxe nas Xornadas sobre a tramitación de enfermidades profesionais na Comunidade Autónoma de Galicia, organizadas pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) no Salón de Actos da Consellería de Sanidade.
Nieves Lorenzo presentou as actuacións do ISSGA en investigación de enfermidades profesionais (EP) e sospeitas de EP, afondando no do intenso traballo que se está a realizar desde o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) en materia de detección, análise e seguimento de enfermidades profesionais.
A súa intervención puxo o foco tamén na participación do ISSGA no proxecto da Rede centinela de tumores ORL de orixe laboral, centrado na vixilancia epidemiolóxica de casos de cancro de senos paranasais asociados a exposicións laborais, unha iniciativa pioneira en Galicia que reforza a importancia da investigación aplicada á prevención e protección da saúde laboral.