Novas

Luns, Outubro 24, 2011

Xornada técnica sobre a xestión do risco químico en Asime

Este luns, 24 de outubro, ten lugar na sede de Asime en Vigo, Avda. Doutor Corbal, n.º 51, unha xornada técnica sobre o risco químico, na que participará a xefa da sección de hixiene industrial do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e coordinadora do Mapa de Risco Químico de Galicia elaborado polo ISSGA este ano 2011, Lucía Ferrón Vidán, cun relatorio sobre a avaliación do risco químico.

A amplitude e diversidade dos riscos derivados da utilización de produtos químicos empregados no sector metalúrxico e a escaseza de fontes de información fiables na materia, fan necesarias iniciativas como a organización destas xornadas, que pretenden achegarse ao coñecemento, tanto dende unha perspectiva cualitativa como cuantitativa da problemática do risco químico na nosa Comunidade Autónoma.

Para unha maior información pode consultar na seguinte ligazón.