Luns, Xuño 07, 2010
Xornada técnica sobre Varandas e UNE-EN 13374 no Centro ISSGA de Rande
O mércores 9 de Xuño ás 10:00 horas nas instalacións do Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Rande (Redondela - Pontevedra) terá lugar unha xornada técnica sobre “Varandas (Sistemas Provisionais de Protección de Bordos) e UNE-EN 13374. Caso real de aplicación”.
Esta xornada está organizada por Aprosal (Asociación de profesionais de seguridade e saúde laboral de Galicia) en colaboración co ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral).
O xefe do Centro ISSGA de Rande, José Antonio Rodríguez Arribe, fará a presentación do acto dando paso deseguido ao técnico do mesmo Centro, Pablo García Fernández que fará unha introdución da charla. A continuación, Iván Otero Oyarzabal, técnico de Fepako, falará sobre as varandas (SPPB): esixencias da normativa UNE-EN 13374 na realización dos ensaios de produtos e o caso Perfiser así como da evolución dos sistemas cara ás novas necesidades das obras en execución.
A charla está dirixida aos profesionais, empresas e traballadores que teñan interese nos sistemas provisionais de protección de bordos (varandas) ensaiadas ou certificadas coa norma UNE-EN 13374.
Se é do voso interese pregamos confirmedes a vosa asistencia ao correo: aprosal.construccion [at] hotmail.com (aprosal[dot]construccion[at]hotmail[dot]com)