Novas

Venres, Decembro 23, 2011

Xornada técnica sobre seguridade e primeiros auxilios no Centro ISSGA de Ourense

Durante a xornada de hoxe ten lugar no Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Ourense unha xornada técnica sobre seguridade e primeiros auxilios para 67 traballadores do sector eléctrico da empresa Segade Saelco, S.A.

Esta actividade inclúese no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico e terá unha duración de 9 horas lectivas na que participarán relatores do ISSGA, Gas Natural Unión Fenosa, Segade Saelco, SA e Fremap, e na que se distribuirá entre os asistentes a Guía técnica de Boas prácticas en prevención de riscos laborais no sector eléctrico elaborada conxuntamente polo ISSGA e ASINEC.

Nela analizarase a sinistralidade de empresa e do sector e trataranse, entre outros, temas relacionados coa implicación dos traballadores na integración da prevención na empresas, coa planificación dos traballos como técnica preventiva, cos aspectos relativos a descargas e tipos de instalacións eléctricas así como cos riscos en espazos confinados, utilización de EPI ou primeiros auxilios.