Novas

Luns, Xullo 11, 2011

Xornada técnica sobre risco químico no sector metalúrxico en Coruña

O día 12 de xullo terá lugar no Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral – ISSGA da Coruña a xornada técnica “Risco químico no sector metalúrxico” en colaboración con FORMEGA (Fundación Galega do Metal), ASIME (Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia), CCOO (Comisións Obreiras) e UGT (Unión Xeral de Traballadores).

Manuel García González (Presidente de FORMEGA) presentará a xornada e de seguido exporán os seus relatorios Miguel Martínez Losada (xefe do Centro do ISSGA de A Coruña), José Prieto Fernández (MCA-UGT Galicia), Francisco José Gayoso (Federación Industria de CCOO de Galicia) e Lola Gómez Nistal (ASIME).

Despois dunha pausa reanudarase a xornada co relatorio de Teresa Díaz López (xefa da Inspección de Traballo e Seguridade Social provincial), e rematarase cunha quenda de preguntas.