Novas

Mércores, Maio 28, 2014

Xornada técnica sobre primeiros auxilios

María García Díaz, técnica de prevención de riscos laborais e enfermeira do traballo do centro ISSGA de Lugo impartirá hoxe unha xornada técnica no IES Lucus Augusti de Lugo.

A dita xornada ten un contido teórico e práctico está destinada a 23 alumnos do ciclo de laboratorio e incluirá aos alumnos de Ciclo medio Laboratorio e do Ciclo superior de Laboratorio de Análise.

Con esta visita se persegue concienciar os estudantes de formación profesional da importancia da seguridade e a saúde laboral no traballo, de xeito que, actuando nas distintas etapas educativas, incúlcanse condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que os futuros empresarios e traballadores terán que enfrontarse.