Sábado, Outubro 16, 2010
Xornada técnica sobre o tráfico como risco laboral no Centro ISSGA de Rande
O pasado 19 de outubro tivo lugar no Centro ISSGA de Rande a xornada técnica “O tráfico como risco laboral” na que se abordou a dimensión do problema do tráfico como risco laboral, analizando os factores de risco máis importantes no entorno laboral e as medidas máis eficaces para combater a accidentabilidade vial.
Para levala adiante consituíronse dúas mesas:
10,15 h - 11,35 h Mesa I: Os accidentes de tráfico no marco laboral
- Modera: Departamento de Seguridade Vial do RACE
- A responsabilidade da empresa. D. Santiago Miguel. Fiscalía de Sinistralidade Laboral de Galicia
- O labor de la DGT en prevención de accidentes. Dña. María Victoria Gómez. Xefa Provincial de Tráfico de Pontevedra
- O labor de Policía Local en prevención de accidentes. D. Daniel Mancelle. Xefe da Policía Local de Pontevedra
- Dimensión do problema da sinistralidade laboral, nivel nacional e rexional. Dña. Verónica Martínez Barbero. Inspectora de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra.
- A formación e concienciación do traballador. D. Carlos Martínez Corral. Técnico de Prevención de Riscos Laborais de Dragados S.A.
12,00 h - 13,00 h Mesa II: Os axentes sociais e o seu labor na redución da sinistralidade laboral no tráfico
- Modera: Representante do ISSGA
- Antonio Juste Iglesias. Representante de Prevención de Riscos Laborais de UGT
- Domingo González. Representante de Prevención de Riscos Laborais de CC.OO
- Francisco Garíca Gómez. Representante de Prevención de Riscos Laborais da CIG
- Mª de la Cruz Álvarez Pérez. Asociación de Empresarios de Transporte de Pontevedra.
Esta xornada forma parte da campaña de sensibilización e formación de seguridade vial na empresa, “Un condutor formado é un condutor seguro”, que ten o obxectivo de informar e concienciar sobre os accidentes de tráfico laborais a empresarios e traballadores de Galicia. Se desenvolve xunto co Real Automóbil Club de España (RACE). Esta campaña inclúe a xornada prevista no centro do Issga de Rande e outra no centro da Coruña, así como a distribución de polípticos informativos a empresas con especial risco neste ámbito, e dar soporte a empresas que queiran introducir plans de seguridade vial no marco da prevención de riscos laborais.