Novas

Xoves, Xuño 30, 2011

Xornada técnica sobre equipos de traballo en colaboración co INVASSAT

O pasado día 24 de xuño tivo lugar no Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral - ISSGA da Coruña a xornada técnica “Equipos de traballo. RD 1215/1997” na que o Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo - INVASSAT colaborou co ISSGA na súa realización, e na que participaron 170 persoas.

Adela Quinza-Torroja García, directora do ISSGA, presentou a xornada e de seguido o xefe do de Control da Prevención do Centro Territorial do INVASSAT de Castelló, José Vicente Ródenas Enrique, presentou un primeiro relatorio sobre as comprobacións dos equipos de traballo de acordo co artigo 4 do R.D. 1215/1997. A continuación, Juan Carlos Castellanos Alba, xefe de sección de Promoción e Desenvolvemento da Prevención dos Servizos Centrais do INVASSAT, fixo unnha exposición sobre o risco eléctrico nos equipos de traballo.

Logo dunha pausa, reanudouse a xornada cun relatorio sobre o risco de explosión nos equipos de traballo a cargo de Juan Carlos Castellanos Alba e finalmente, José Vicente Ródenas Enrique, fixo unha última intervención sobre a utilización de equipos de traballo móbiles.

Os relatorios desta xornada técnica están dispoñibles no seguinte arquivo.