Novas

Venres, Decembro 14, 2012

Xornada técnica sobre equipos de protección individual no Centro ISSGA de Lugo

O pasado mércores tivo lugar no Centro do ISSGA en Lugo unha xornada técnica na que se analizaron os criterios de selección e utilización de equipos de protección individual fronte aos riscos por axentes físicos, químicos e biolóxicos, dirixida a profesionais de prevención e responsables de fabricación e mantemento.

PROGRAMA DA XORNADA

• Normativa de aplicación. Comercialización e utilización de EPI

• Equipos de protección individual en traballos con riscos por axentes físicos
- Protectores auditivos
- Calzado e vestiario de protección contra calor, frío e contaminación radiactiva
- Filtros protectores fronte a radiación láser, infravermella, ultravioleta

• Equipos de protección individual en traballos con risco químico
- Cascos para usos especiais
- Protección de vías respiratorias
- Luvas e vestiario contra produtos químicos agresivos

• Equipos de protección individual fronte a risco biolóxico
- Luvas de protección
- Protección facial e respiratoria