Novas

Martes, Novembro 27, 2012

Xornada técnica sobre contaminantes no Centro ISSGA de Pontevedra

Hoxe tivo lugar no Centro ISSGA de Pontevedra unha xornada técnica organizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para técnicos e delegados de prevención.

O programa temática estruturouse en dúas partes, unha primeira de carácter teórico dedicada aos contaminantes químicos (clasificación, vías de entrada, métodos de medición, criterios de valoración) e físicos (ruído, vibracións) e unha segunda que consistiu nun obradoiro práctico de mostraxe.