Martes, Novembro 29, 2011
Xornada técnica "Seguridade en sistemas de encofrados e estadas" no Centro ISSGA de Pontevedra
O vindeiro xoves, 1 de decembro, terá lugar no salón de actos do Centro ISSGA de Pontevedra (Camiño Coto do Coello, nº2, 36812 Rande-Pontevedra) unha xornada técnica sobre "Seguridade en sistemas de encofrados e estadas", que organizao a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).
Os destinatarios desta acción formativa son traballadores e empresarios do sector da construción, técnicos de prevención de riscos laborais, xefes de obra, coordinadores de seguridade, etc.
Analizaranse os riscos presentes nas montaxes e uso de sistemas de encofrado, así coma os medios de protección colectiva que se poden empregar durante a montaxe e o uso dos citados sistemas.
Como novidade presentarase un sistema de varandas acoplables ao sistema de encofrado evitando montaxes perigosas de varandas. Ademais as citadas varandas cumpren coa norma harmonizada europea UNE-EN 13374:2004 "Sistemas Provisionais de Protección de Bordo. Especificacións de Produto. Métodos de Ensaio".
Por outra parte, mostraranse tamén os riscos e as medidas preventivas presentes na montaxe de cimbras e estadas.
Para iso cóntase coa colaboración da empresa Sistemas Técnicos de Encofrados, S.A. - Sten e na súa representación virá como relator David Pinilla i Güell, que é o director de I+D de Sten.
Ao finalizar o relatorio abrirase unha quenda de preguntas na que os asistentes poderán aclarar as súas dúbidas sobre a montaxe, desmontaxe e uso de encofrados cimbras e estadas.
As inscricións realizaranse enviando o nome, apelidos e empresa á seguinte dirección de correo electrónico: aprosal.construccion [at] hotmail.com (aprosal[dot]construccion[at]hotmail[dot]com), tras o cal a inscrición se confirmará de xeito automático.
PROGRAMA
10:15 Entrega de documentación
10:30 Benvida: D. Xosé A. Rodríguez Arribe. Xefe do Centro ISSGA de Pontevedra
Presentación: D. Pablo García Rodríguez. Técnico do ISSGA de Pontevedra
Relatorio: D. David Pinilla i Güell. Director de I+D de STEN encofrados
12:30 Preguntas- debate