Novas

Mércores, Xuño 18, 2025

Xornada Técnica: "Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural"

imaxe ourense

Ourense, 18 de xuño de 2025

O Issga participou nunha xornada técnica dirixida ao empresariado e a profesionais do sector do mármore, granito e pedra natural, para abordar os riscos derivados da exposición ao po de sílice así como as implicacións médicas, técnicas, normativas e legais derivadas deste tipo de traballos.

Nesta xornada  a Xefa da Área Técnica de medicina do traballo do centro Issga_Ourense Teresa Pérez Blanco, abordou os riscos para a saúde dos traballadores e as posibles consecuencias derivadas deste tipo de actividades, incidindo nas  distintas patoloxías e enfermidades profesionais que se poden  producir por exposición po de sílice así como nas medidas preventivas a adoptar para evitalas.

O Issga, como órgano técnico en seguridade e saúde laboral da Administración galega, sitúase como referente na difusión do coñecemento preventivo, participando e colaborando en  xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.