Novas

Xoves, Febreiro 20, 2014

Xornada técnica no Centro Issga de Ourense sobre os trastornos músculo-esqueléticos

Hoxe tivo lugar no Centro Issga de Ourense unha xornada técnica sobre a prevención integral de trastornos músculo-esqueléticos no ámbito laboral organizada polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega – CIG, que contou coa asistencia de máis de 70 persoas.

O Issga colaborou en esta actividade formativa coa participación de Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, xefe da sección de recoñecementos e análises no Centro Issga de Ourense, que presentou un relatorio sobre as enfermidades profesionais recoñecidas derivadas dos traballos repetitivos.