Venres, Maio 09, 2014
Xornada técnica na Coruña sobre a seguridade no uso de plataformas elevadoras móbiles de persoas
- A acción formativa, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, tivo como obxectivo identificar os aspectos críticos relativos á utilización deste tipo de plataformas.
- Con esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que se una á que tivo lugar o mes pasado no Centro Issga de Pontevedra, pretendeuse dar a coñecer os requisitos do novo estándar de formación de operadores de PEMP.
A Coruña, 9 de maio de 2014.- O centro da Coruña do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) acolleu hoxe una xornada técnica sobre os aspectos críticos na utilización de plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP).
A acción formativa, organizada polo ISSGA, estivo dirixida a técnicos de prevención de riscos laborais, coordinadores de seguridade e saúde de obra e responsables de proceso de produción e mantemento co obxectivo de identificar os aspectos críticos relativos á utilización deste tipo de plataformas e as medidas de control de riscos asociadas. Así mesmo, con esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que se una á que tivo lugar o mes pasado no Centro Issga de Pontevedra, pretendeuse dar a coñecer os requisitos do novo estándar de formación de operadores de PEMP.
A xornada técnica sobre esta temática ven motivada polo aumento na utilización deste tipo de plataformas para efectuar traballos en altura de distinta índole, principalmente montaxes, reparacións, inspeccións ou outros traballos similares.
Entre os riscos e factores de risco no uso destas plataformas destacan as caídas a distinto nivel, envorco do equipo, caída de materiais sobre persoas e/ou bens, golpes ou choques do operario ou da propia plataforma contra obxectos fixos ou móbiles ou contactos eléctricos directos ou indirectos.
No uso das plataformas elevadoras é necesario respectar as disposicións legais de seguridade e as instrucións do fabricante e do alugador no seu caso. Así mesmo, as PEMP deber ser mantidas de acordo coas instrucións de cada fabricante e deber estar contidas nun manual que se entrega con cada plataforma. Tanto as revisións como os prazos para ser realizadas deben ser feitas por persoal especializado.