Mércores, Xullo 04, 2012
Xornada técnica de sensiblización sobre OHSAS
Onte tivo lugar no Centro ISSGA de Pontevedra un curso sobre sensibilización OHSAS no que participaron una trintena de traballadores e traballadoras de empresas colaboradoras de Gas Natural Fenosa na provincia de Pontevedra e persoal propio de UNION FENOSA distribución.
Os obxectivos desta acción formativa foron a sensibilización e adaptación do sistema de xestión PRL OHSAS 18001, difundir e dar a coñecer toda a documentación do sistema, procedementos e rexistros e instruír na implantación do sistema a través das liñas xerárquicas.
Esta actividade enmárcase no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico.