Novas

Mércores, Xuño 13, 2012

Xornada sobre seguridade eléctrica en operacións de mantemento en Burela

O ISSGA colaborou con Fremap na realización da xornada técnica que hoxe tivo lugar en Burela e na que se analizaron os factores de risco de orixe eléctrica nas operacións de mantemento polo que se refire aos equipos, instalacións e traballos.

Deste xeito, abordouse con criterio preventivo, as esixencias técnico-normativas: documentación, revisións, características dos compoñentes e condicións do lugar, así como o control das condicións de risco mediante a utilización de técnicas e procedementos de traballo.

A xornada estivo dirixida a profesionais da prevención, directores técnicos e responsables de fabricación e mantemento.