Martes, Novembro 23, 2010
Xornada sobre protección auditiva, respiratoria e contra caída de altura no mundo laboral o xoves 25 en Ourense
O Centro do ISSGA en Ourense celebra o 25 de novembro unha xornada técnica sobre os “Requisitos derivados da avaliación e a planificación, o emprego e a comercialización de EPI”, que estará enfocada especialmente a aspectos normativos, de implantación na empresa e fundamentalmente de cara aos EPI (equipos de protección individual) de protección auditiva, respiratoria e contra caída de altura.
Na xornada técnica participarán técnicos do ISSGA, expertos de empresas fabricantes e comercializadoras de equipos, así como de Servizos de Prevención Alleos, e contará coa experiencia dunha empresa dende o punto de vista do seu Servizo de Prevención Mancomunado.
A inauguración da xornada correrá a cargo de Ángel López Álvarez, xefe do Centro do ISSGA en Ourense.
Mª Jesús Copa Arias, xefa da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA falará sobre “Os EPI e a PRL, marco normativo”, e Alejando Pérez González, director Técnico de Norprevención en Ourense, sobre “O emprego dos EPI: Problemática en relación coa implantación dos EPI no mundo laboral e a súa normativa dende o punto de vista do SPA”.
Bruno Domínguez Tenreiro, do Dpto. de protección persoal de 3M España, S.A., ofrecerá o relatorio “Os EPI de protección auditiva e respiratoria” , Jesús Miguel Yeregui Vázquez, director Técnico de IRUDEK 2000 “Os EPI contra caída de altura” e Anca Nicoleta Todoran, do Servizo de Prevención Mancomunado de Gas Natural FENOSA, a ponencia “A implantación dos dos EPI na empresa dende o punto de vista do SPM”.
Adela Quinzá-Torroja García, directora do ISSGA, clausurará a xornada trala celebración dun coloquio entre todos os asistentes.