Venres, Setembro 21, 2012
Xornada sobre a exposición profesional a radiacións ópticas no Centro ISSGA da Coruña
Hoxe tivo lugar no Centro ISSGA da Coruña unha xornada técnica na que se informou sobre os efectos sobre a saúde das radiacións ópticas artificiais e súa avaliación, de acordo co establecido no Real decreto 486/2010.
Comezou a xornada coa idenfificación das radiacións ópticas incoherentes dentro do espectro electromagnético, as magnitudes físicas que se empregan para realizar as medicións e identificar os diferentes efectos sobre a sáude da luz infravermella, visible e ultravioleta.
De seguido, explicouse o porqué dos distintos valores límites de exposición dependendo do tipo de luz á que o traballador se ve exposto, incidindo nas distintas funcións de ponderación existentes e as magnitudes asociadas a cada unha.
Finalmente, fíxose unha demostración experimental dunha medición cun radiómetro por parte da empresa Vertex Technics, onde se puido comprobar como se realiza unha medición real e que información se pode obter.