Venres, Setembro 28, 2012
Xornada informativa sobre as modalidades de organización preventiva organizada pola CEG
Onte pola tarde tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela, unha xornada informativa organizada polo seu Gabinete de Prevención de Riscos Laborais, sobre as diversas modalidades de organización da actividade preventiva.
O obxectivo desta xornada foi facilitar ás empresas e os técnicos en prevención de riscos laborais a información sobre os aspectos máis importantes para ter en conta á hora de elixir a modalidade de organización preventiva na empresa, así como os datos máis salientables en caso de que a empresa decida contratar a prevención cun servizo de prevención alleo.
A xornada contou coa intervención de José Rega Piñeiro, subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA, que participou na primeira das mesas, modelos de organización preventiva, nas que estaba organizado esta accción formativa. Noutras mesas se abordaron a contratación dun servizo de prevención alleo ou o concerto preventivo-vixilancia da saúde. Finalmente, presentouse a Guía para a contratación dun servizo de prevención alleo da CEG.