Venres, Xuño 20, 2025
Xornada de prevención de riscos laborais en Mugardos
Mugardos, 20 de xuño de 2025
Hoxe, Mª José García Santos, Xefa da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do centro ISSGA na Coruña impartiu unhas xornadas formativas dirixidas a un grupo do Obradoiro Dual de Emprego de Mugardos promovidas polo concello de Ares e enfocadas na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Durante estas xornadas, abordáronse temas cruciais relacionados coa prevención de riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas dependentes en institucións sociais.
A formación ten como obxectivo equipar aos participantes coas ferramentas necesarias para garantir unha contorna laboral segura e saudable, promovendo así a calidade na atención a este colectivo.
O ISSGA reafirma o seu compromiso coa sensibilización e a formación en Prevención de Riscos Laborais (PRL) a través do seu Plan de Actuación 2025. Neste contexto, os talleres de emprego preséntanse como un escenario idóneo para integrar a prevención na formación específica dos participantes.