Martes, Outubro 20, 2026
Xornada de prevención de riscos laborais en Betanzos
Betanzos , 20 de outubro de 2026
Mª José García Santos, xefa da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do centro Issga na Coruña impartiu en Betanzos unha xornada formativa enfocadas a un grupo do Obradoiro de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e a persoas dependentes en institucións sociais. Durante esta xornada, tratáronse temas cruciais relacionados coa prevención de riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais. Tamén abordouse o protocolo para a prevención e actuación ante situacións de violencia laboral externa no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), elaborado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).
A formación ten como obxectivo equipar aos participantes coas ferramentas necesarias para garantir unha contorna laboral segura e saudable, promovendo así a calidade na atención a este colectivo.
O Issga reafirma o seu compromiso coa sensibilización e a formación en Prevención de Riscos Laborais (PRL) a través do seu Plan de Actuación 2026. Neste contexto, os talleres de emprego preséntanse como un escenario idóneo para integrar a prevención na formación específica dos participantes.