Novas

Xoves, Maio 22, 2025

Xornada de prevención de riscos laborais en Arteixo

imaxe xornada Arteixo

Arteixo, 22 de maio  de 2025

Onte, Antonio Fernández Vázquez, xefe da sección de Medicina do Traballo do centro na Coruña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) impartió unhas xornadas formativas en Arteixo, dirixidas a dous grupos do Obradoiro Dual de Emprego de Arteixo enfocados na atención sociosanitaria en persoas no domicilio e persoas dependentes en institucións sanitarias.

Durante estas xornadas, abordáronse temas cruciais relacionados coa prevención de riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas persoas no domicilio e persoas dependentes en institucións sanitarias.

A formación ten como obxectivo equipar aos participantes coas ferramentas necesarias para garantir unha contorna laboral segura e saudable, promovendo así a calidade na atención a este colectivo.

O ISSGA reafirma o seu compromiso coa sensibilización e a formación en Prevención de Riscos Laborais (PRL) a través do seu Plan de Actuación 2025. Neste contexto, os talleres de emprego preséntanse como un escenario idóneo para integrar a prevención na formación específica dos participantes.