Novas

Mércores, Novembro 10, 2010

Xornada de presentación de Material divulgativo sobre seguridade no sector naval, no centro do ISSGA en Rande

O venres, día 12 de novembro, terá lugar no centro ISSGA de Pontevedra, en Rande, a xornada de presentación de material divulgativo correspondente á campaña sobre Seguridade no traballo realizado en espazos confinados do sector naval, promovida por Uninave, CCOO e MCA-UGT, coa financiación da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.

Durante a sesión presentarase un DVD e material informativo no que se poñen de relevo os riscos inherentes ao proceso produtivo naval, cunha alta presenza da industria auxiliar que fai que coincidan nos estaleiros traballadores de moi diferentes actividades, expostos a un maior número de riscos laborais, que se incrementan cando a tarefa se realiza en espazos confinados. A información complétase con medidas preventivas técnicas e organizativas para mellorar a seguridade destes profesionais.

A xornada, que será inaugurada polo xefe do Centro ISSGA,en Rande, José Antonio Rodríguez Arribe, contará coa intervención do director xeral de Uninave, José Ramón López Eady; o secretario de Saúde Laboral da Federación de Industria de CCOO, José María Antuña; o secretario federal e responsable do Sector Naval de MCA-UGT, José Luis Gacio; e o técnico de HCV, José Antonio Carrasco Serrano.