Novas

Xoves, Abril 03, 2025

Xornada de presentación da campaña de paneis solares en cuberta e recomendacións preventivas contra caídas de altura

Campaña paneis solares

Ribeira, 3 de abril de 2025

O Centro Empresarial da Construción do Barbanza, situado no Polígono Río Xaras de Ribeira, acolleu unha xornada técnica adicada á prevención de riscos laborais na instalación e mantemento de paneis solares en cubertas.

A xornada contou coa participación de Consuelo López Núñez, técnica do Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo (ISSGA), quen compartiu a súa experiencia e onde os asistentes puideron aclarar as súas dúbidas e compartir experiencias.

Nun mundo cada vez máis enfocado na sustentabilidade e a seguridade laboral, o ISSGA comprométese a promover prácticas seguras na instalación de paneis solares. Esta xornada tivo como obxectivo dar a conocer a campaña de paneis solares en cuberta, así como ofrecer recomendacións preventivas para evitar caídas de altura, un risco significativo neste tipo de traballos.

Un dos puntos crave da charla foi a identificación dos riscos asociados á instalación e o mantemento de paneis solares, facendo especial fincapé nas caídas de altura como unha das principais causas dos accidentes laborais que se ven producindo. Durante a charla déronse a coñecer as  recomendacións prácticas para minimizar estes riscos, incluíndo o uso adecuado de equipos de protección individual e a sobre todo a importancia de realizar avaliacións de risco específicas antes de comezar calquera traballo en altura, todo iso coa  presentación de exemplos  prácticos e casos de estudo.