Martes, Abril 02, 2019
A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ferrol nas XVII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde
Ferrol, 2 de abril de 2019. A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ferrol na presentación das XVII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde, que organiza a Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña.
Ademais, tamén fixo a primeira das presentación deste evento, cunha intervención sobre as novas tecnoloxías, procesos e formas de traballo e a súa incidencia na prevención de riscos laborais.
No programa destas xornadas de tres días de duración nas que o ISSGA colabora un ano máis, participan expertos da Universidade, os sindicatos, a empresa e a Administración.
O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando en eventos e actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.
A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do ISSGA para este ano 2019.