Martes, Febreiro 18, 2020
Visitaron a nosa Escola Galega de Prevención os alumnos do CEIP San Xosé de Pontevedra
- Incentivamos condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios e traballadores.
Rande-Redondela, 18 de febreiro de 2020.- Os alumnos de 1º e 2º de primaria do CEIP San Xosé Obreiro de Pontevedra realizaron hoxe unha visita á Escola Galega de Prevención do ISSGA, que ten como prioridade incentivar actitudes e hábitos seguros entre os escolares dun xeito ameno, didáctico e divertido que permita inculcar condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios e traballadores.
É importante a implicación e complicidade dos pais, os profesores e a sociedade no seu conxunto para acadar o obxectivo de implantar unha cultura preventiva desde idades temperás e promover medidas preventivas de riscos asociados á vida diaria dos rapaces e aos riscos da súa contorna.
A actividade principal da escola desenvólvese nun espazo dividido en tres zonas diferenciadas por cores nas que a información estrutúrase en catro grandes bloques temáticos: na casa, na rúa, na escola e no fogar.