Luns, Novembro 04, 2024
Visitamos o CIFP Universidade Laboral de Ourense para facer entrega de documentación técnica sobre o uso de drons
Ourense, 4 de novembro de 2024.
Persoal técnico do centro ISSGA_Ourense visitou as instalacións do CIFP Universidade Laboral de Ourense na que mantivo un encontro co profesorado e alumnado de Formación Profesional, en concreto do Curso de especialización en aeronaves pilotadas de forma remota – DRONS.
A competencia xeral deste título consiste en construír e manter aeronaves pilotadas de xeito remoto-drons ou RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) configurados de acordo coas características de deseño e adaptados aos sectores en que vaian prestar servizos, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental, conforme a documentación técnica do proxecto e aplicando a normativa.
Persoal técnico do Issga fixeron entrega dos dous manuais técnicos do Issga referidos a prevención de riscos laborais derivados do uso dos drons no traballo e analizaron o seu contido:
• Innovación en PRL: emprego de drons en actividades profesionais
Nesta publicación abórdanse as actividades que se poden realizar con drons, de forma que podamos ser máis eficientes e estar expostos a menos riscos en relación coas formas tradicionais de realizar os ditos traballos. Que é un dron, tipos, sistemas e actores, que podemos facer con un dron, que actividades son susceptibles de ser realizadas con drons, son algunhas das preguntas ás que se trata de dar resposta.
• Guía de boas prácticas: PRL no uso de drons
Documento enfocado na análise dos riscos laborais e as medidas preventivas que se deben adoptar no uso de drons. A aparición deste novo actor no ámbito laboral supón tamén que os seus riscos deben ser abordados cun enfoque preventivo.