Novas

Mércores, Maio 02, 2018

Visitamos a empresa Votorantim Cimentos en Lugo

Visitamos a empresa Votorantim Cimentos en Lugo

Lugo, 2 de maio de 2018. Con motivo do día mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, a directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, visitou a empresa Votorantim Cimentos e estivo presente no acto de celebración do Safety Day, evento anual que nesta ocasión tivo lugar na fábrica de Cemento de Oural (Lugo) e serviu para conmemorar que levan 3 anos sen accidentes con baixa en traballadores propios en todo o grupo e 7 anos nesta fábrica, resultado de aplicar políticas de seguridade, saúde e benestar axeitadas e produto do esforzo do conxunto dos traballadores deste grupo empresarial.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros acciones formativas, informativas e de divulgación, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo e axuden a conseguir unha auténtica cultura preventiva en toda a sociedade.