Novas

Venres, Xullo 20, 2012

Visita do ISSGA á mina de Limeisa e á central términa de Meirama

O pasado mércores tivo lugar a visita do ISSGA á mina de Limiesa (Lignitos de Meirama, SA) e á Central térmica de Meirama que Gas Natural Fenosa ten en Cerceda.

Por parte do ISSGA estiveron presentes a súa directora, Adela Quinzá-Torroja, o subdirector Xeneral Técnico e de Planificación, José Rega e o xefe do Centro ISSGA da Coruña, Miguel Martínez Losada, mentres que por parte de Gas Natural Fenosa participaron na visita Miguel Sánchez Ariza, responsable de Prevención, Miguel Aymerich, responsable de prevención da área de Xeración e David Serantes, técnico de prevención da área de Minería.

En primeiro lugar visitaron a mina de Limeisa facendo un percorrido polo lago en fase de enchedura e a entulleira exterior á mina que está a ser obxecto de recuperación ambiental. Durante o percorrido foron guiados polos responsables de peche e medio ambiente da mina, Álvaro Fernández García.

A continuación desprazáronse á Central Térmica de Meirama, onde percorreron os elementos principais da instalación e puideron apreciar os puntos clave do proceso de xeración eléctrica. Neste caso, foron guiados polo xefe da central, Juan Manuel Rodrigo Barci e o secretario do comité local de seguridade e saúde na central, José Ramón Vázquez Romero.