Novas

Mércores, Agosto 06, 2025

Visita ao Centro ISSGA de Ourense do Campamento Urbano Amencer

campamento amencer

Ourense, 6 de agosto de 2025

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) recibiu hoxe a mozos e mozas do “campamento urbano” promovido pola asociación xuvenil Amencer, que, con motivo da celebración do seu “Dia do Parlamento”, programaron esta visita ao centro do Issga en Ourense.

Durante a visita puideron coñecer as instalacións do Issga, así como as actividades que desenvolvemos de cara a mellora da seguridade e a saúde laboral dos traballadores.

A actividade, que foi moi participativa, levouse a cabo co enfoque de sensibilizar a mocidade en materia de prevención de riscos laborais. Os asistentes tiveron a oportunidade de reflexionar sobre aspectos concretos da prevención de riscos así como sobre o que significa a saúde integral das persoas e mais especificamente dos traballadores.