Novas

Xoves, Xullo 16, 2026

VIII edición do Curso de Verán da USC: "Oncoloxía Integrativa. Coidar aos sobreviventes de cancro"

imaxe Nieves Lorenzo

Oia, 16 de xullo de 2026

Onte participamos na VIII edición do Curso de Verán da USC: "Oncoloxía Integrativa. Coidar aos sobreviventes de cancro". A nosa compañeira Nieves Lorenzo Espeso do centro Issga da Coruña participou como relatora neste curso de verán da USC na mesa redonda CANCRO E TRABALLO en OIA, Pontevedra. 

Expuxo as actividades e actuacións técnicas que desenvolve o Issga en relación coa prevención da exposición aos axentes canceríxenos laborais e a prevención e recoñecemento do cancro como enfermidade profesional. Entre outras actuacións destacou a participación na Axenda Nacional do Cancro Laboral e a Rede Sentinela de Cancro de seos paranasais coordinado pola SEOM e patrocinada polo INSST, así como outros proxectos de vixilancia epidemiolóxica na detección temperá e na avaliación do risco por estes axentes.

Accións en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención e detección cancro de orixel e súa comunicación como enfermidade profesional, e coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e co Plan de Actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) .