Novas

Venres, Xuño 13, 2014

Técnicos do Issga visitan as instalacións de PSA Peugeot Citröen en Vigo

O pasado 5 de xuño varios técnicos do Issga visitaron as instalacións de PSA Peugeot Citröen en Vigo.

Durante a mesma, os asistentes puideron coñecer a historia da fábrica desde os seus inicios ata o momento actual, facendo fincapé na posición predominante  que ocupa a factoría  viguesa a nivel mundial.

Seguidamente mantívose unha reunión co Comité de Empresa e o de Seguridade e Saúde, intercambiando impresións sobre as condicións de seguridade e saúde que imperan nestes momentos  e a oportunidade que se nos brinda de poder melloralas entre todos os axentes implicados, resaltando o papel que vén realizando o ISSGA neste sentido nos últimos anos e poñendo de manifesto a disposición por todas as partes para  seguir colaborando nas melloras das súas condicións de traballo.

Así mesmo, sentaron as bases para a realización dun proxecto sobre ergonomía no sector da automoción, co que se quere identificar os postos de traballo críticos expostos a trastornos músculoesqueléticos, ao considerar importante a colaboración da fábrica viguesa dada a súa proxección e importancia no sector, podendo estenderse posteriormente ao resto de empresas vinculadas.

Durante a visita  percorréronse diversas zonas da factoría (servizo médico, taller de ferraje, taller de embutición, taller de montaxe, etc.), vendo a totalidade do proceso produtivo desde o corte de chapas das diferentes bobinas metálicas que van conformar o futuro vehículo ata a ensamblaxe de todos os compoñentes das liñas anteriores.