Novas

Luns, Marzo 14, 2011

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia un 20,72% no mes de xaneiro

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia un 20,72% no mes de xaneiro

Santiago, 14 de marzo de 2011.- A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 20,72% o pasado mes de xaneiro, período no que se produciron 2.349 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 2.963 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 2.304 foron casos leves, 42 graves e 3 mortais.

O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da construción e da industria, cunhas baixadas do 25,40% e do 24,17% respectivamente; seguidos da agricultura, cun descenso do 23,36%; da pesca, cun 20,16% e dos servizos cunha diminución de sinistros do 16,19%.

Por provincias, en todas descende o número de sinistros laborais, nunha porcentaxe do 32,10% en Pontevedra; do 19,85 % en Ourense; do 11,43% en Lugo e do 9,06% na Coruña.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é necesario tomar en consideración o índice de incidencia, é dicir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas.
Con este criterio, o índice de incidencia da sinistralidade diminuíu en xaneiro un 18,61%, sendo o sector da industria o que presenta un comportamento máis favorable cunha redución do índice do 20,76%, seguido da agricultura, cunha diminución do 18,90%, da pesca cun descenso do 17,66%, da construción, cunha baixada do 16,81% e dos servizos, nos que o índice de incidencia da sinistralidade rebaixase un 15,66%.