Novas

Luns, Marzo 03, 2014

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia nun 8,35% en xaneiro de 2014

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia nun 8,35% en xaneiro de 2014

Santiago, 3 de marzo de 2014.- A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 8,35% o pasado mes de xaneiro, período no que se produciron 1.834 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 2.001 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 1.804 foron casos leves, 29 graves e un mortal.

Agás no sector da pesca, no cal a sinistralidade este mes aumentou nun 31,00%, nos demais sectores diminuíron os accidentes: na industria nun 22,68%, na agricultura nun 9,52%, na construción nun 7,80% e nos servizos nun 4,32%.

Por provincias, descenderon os accidentes laborais nunha porcentaxe do 21,89% en Pontevedra, do 7,56% en Lugo e do 1,58% na Coruña; mentres que houbo un aumento do 2,08% en Ourense.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é necesario tomar en consideración o índice de incidencia, é dicir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas.

O índice de incidencia dos accidentes diminuíu en xaneiro de 2014 un 7,10%. Agás na pesca que aumentou nun 31,71%, nos demais sectores a incidencia diminuíu: nun 20,02% na industria, nun 4,81% na agricultura, nun 4,10% nos servizos e nun 1,99% na construción.