Novas

Luns, Xullo 22, 2013

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia nun 18,35% no mes de xuño

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia nun 18,35% no mes de xuño

Santiago, 22 de xullo de 2013.- O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en xuño de 2013 diminuíu un 18,35% con respecto ao mesmo período do mes anterior. Neste mes rexistráronse 1.597 accidentes fronte aos 1.956 rexistrados no en xuño de 2012.

Do total dos accidentes, 1.561 foron accidentes leves, 31 graves e 5 mortais.

Diminuíron os accidentes en todos os sectores, especialmente na construción (-33,01%) e na agricultura (-23,76%). Tamén descenderon na pesca nun 20%, nos servizos nun 15,70%, e na industria nun 13,38%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia diminuíu un 18,30% en xuño deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, o maior descenso foi na construción co 21,53% e na agricultura co 19,76%. A continuación, sitúanse os servizos co 18,27%, na pesca co 16,54% e na industria co 9,58%.

 

Diminución acumulada

A sinistralidade laboral baixou nun 10,80% na primeira metade do ano, cun total de 10.818 accidentes laborais fronte aos 12.128 no mesmo período do ano 2012. Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: un 12,40% na Coruña; un 12,30% en Pontevedra; un 5,67% en Ourense; e un 3,87% en Lugo.