Venres, Novembro 02, 2012
A sinistralidade laboral diminuíu nun 25,94% nos nove primeiros meses do ano
• Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: nunha porcentaxe do 30,83% en Pontevedra, nun 25,92% en Lugo, do 23,07% na Coruña e do 20,55% en Ourense
• O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en setembro do 2012 descendeu un 39,60%
Santiago, 1 de novembro de 2012.- A sinistralidade laboral diminuíu nun 25,94% nos nove primeiros meses do ano, cun total de 17.622 accidentes laborais fronte aos 23.793 no mesmo período do ano 2011.
Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: nunha porcentaxe do 30,83% en Pontevedra, nun 25,92% en Lugo, do 23,07% na Coruña e do 20,55% en Ourense.
Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.
Os datos da incidencia tamén reflicten o descenso da sinistralidade, sendo a diminución no total de Galicia do 22,28% e os datos da diminución por provincias os seguintes: 26,79% en Pontevedra, 22,43% en Lugo, 19,69% na Coruña e 16,99% en Ourense.
Sinistralidade laboral en setembro
O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en setembro do 2012 descendeu un 39,60%. Neste mes rexistráronse 1.856 accidentes fronte aos 3.073 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior.
Do total dos accidentes, 1.811 foron accidentes leves, 42 graves e 3 mortais.
O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, descendeu un 37,57% en setembro deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Descendeu a incidencia en todos os sectores: na construción foi do 45,00%, na agricultura foi do 39,92%, na pesca do 37,82%, na industria do 37,24% e nos servizos do 31,11%.