Novas

Luns, Abril 29, 2013

A sinistralidade laboral diminuíu en Galicia nun 26,62% no mes de marzo

A sinistralidade laboral diminuíu en Galicia nun 26,62% no mes de marzo

Santiago, 29 de abril de 2013.- O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en marzo de 2013 descendeu un 26,62%. Neste mes rexistráronse 1.624 accidentes fronte aos 2.213 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 1.577 foron accidentes leves, 45 graves e 2 mortais.

Descenderon os accidentes en todos os sectores: na construción, nun 42,25%; na agricultura, nun 33,06%; na industria, nun 29,56%; nos servizos, nun 20,12%; e na pesca, nun 8,04%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia descendeu un 25,91% en marzo deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, o maior descenso foi na agricultura, co 29,12%; na construción foi do 28,48%; na industria, do 25,36%; nos servizos foi do 22,41%; e na pesca, do 1,59%.

 

 

Diminución acumulada do 17,66% de xaneiro a marzo

A sinistralidade laboral diminuíu un 17,66% no primeiro trimestre do ano, cun total de 5.472 accidentes laborais fronte aos 6.646 no mesmo período do ano 2012.

Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: nunha porcentaxe do 21,75% en Pontevedra, do 16,55% na Coruña, nun 14,33% en Ourense e do 11,21% en Lugo.