Novas

Luns, Agosto 02, 2010

A sinistralidade laboral descendeu en Galicia un 5,91% no primeiro semestre do ano

A sinistralidade laboral descendeu en Galicia un 5,91% no primeiro semestre do ano

As estatísticas da sinistralidade laboral rexistrada en Galicia durante o primeiro semestre deste ano presentan unha tendencia á baixa consolidada mes a mes, que ofrece un balance semestral dunha reducción do 5,91%, en relación co mesmo periodo do ano anterior. Nos seis primeiros meses de 2010 rexistraronse na comunidade 18.738 accidentes, fronte aos 19.914 correspondentes a 2009. Os que maior descenso presentan son os mortais, cunha diminución do 30,77%, mentres os leves se reduciron un 6,19% e os graves aumentaron un 17,82%.

Por sectores, os datos máis positivos proceden da industria, cunha baixada do 9,10%, seguida da construcción, cun 8,11%; servizos, cun 3,81%; e agricultura, cun 3,78%. Somentes no sector pesqueiro rexistrouse un aumento, establecido no 10,99 %.

Os datos máis recentes, correspondentes ao pasado mes de xuño, apuntan un descenso de accidentes laborais do 11,35%, cun total de 3.162 casos, fronte aos 3.567 rexistrados no mesmo periodo do ano pasado. Do total dos rexistrados, 3.111 foron leves, 47 de carácter grave e 4 resultaron mortais.

Por sectores, prodúcese en todos unha diminución de accidentes, sendo o principal descenso na agricultura, cunha baixada do 22,48%; seguido da construcción, cunha reducción do 18,17%, e da industria, cun 10,73% menos de accidentes laborais. Por provincias, a totalidade destas presentan unha tendencia á baixa, cunha diminución do 17,96% en Pontevedra; dun 12,61% en Lugo; dun 7,50% en A Coruña e dun 1,8% en Ourense.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade, é preciso tomar en consideración o índice de incidencia, é decir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas. A variación do índice de incidencia total dos accidentes de Galicia supón unha diminución do 9,46%, ao pasar do 431,42 en xuño de 2009 aos 390,61 accidentes por cada 100.00 traballadores no 2010, esta diminución é menor que a da contabilidade dos accidentes por mor de que tamén diminuíron os traballadores afiliados. O índice de incidencia máis favorable foi na agricultura, cunha diminución do 17,29%, seguido da construción cun 8,83%.