Novas

Venres, Novembro 12, 2010

Seminario en Canarias sobre Estratexias de PRL Española e Autonómicas

Analizar as coincidencias e as especificidades das estratexias de PRL que desenvolven as Administracións central e autonómicas é o obxectivo do seminario que se celebrará o 16 de novembro en Las Palmas de Gran Canaria, organizado polo Goberno de Canarias a través do Instituto Canario de Seguridade Laboral.

Os elementos comúns e as afinidades nas estratexias serán analizadas pola directora do INSHT, Concepción Pascual, que presentará o Estudo de coincidencias entre a Estratexia Española e das Comunidades Autónomas; mentres que as singularidades e especificidades das diferentes estratexias desenvolvidas polas Comunidades Autónomas serán postas de relevo no transcurso dunha mesa redonda na que intervirá a directora do ISSGA, xunto aos seus homólogos das Comunidades Autónomas. Adela Quinzá-Torroja presentará un relatorio sobre o Plan Estratéxico de PRL 2011-2014 en Galicia.

Durante o seminario presentarase a web do Observatorio Internacional da Cultura Preventiva.